Os ventos zoan fóra, nos montes. Eu rapeo dentro, na casa.
lyrics
Dilles que falo unha lingua viva
nada que tratar con mágoa fóra
nada que chorar inda por riba
que o meu nome non importa
que ninguén fóra da Galiza sabe
como cona se pronuncia Xague
mais ninguen neses lugares
esquecerá a miña cariña
Porque non son outro rapeiro máis
coma eses de Vigo que en castelán
firman Galiza no nome
e logo andan caladiños
E non me importan aplausos de fóra
todo aquilo que traballo
pasa pola casiña
Como os ventos que zoan lonxe
fóra dende a xanela nos montes
e sabedes que se achegan
a por vós
Wannabes de Sad Boys
saíde a tocar herba
que eu estou buscando algo de vento
cousiñas de estreno
unha nova voz
coa que remexer
coa que remexer
Dilles que non canto triste
que non toco para ligar
que inda que ás veces sufra un pouco
nunca vouno empregar
A min a música faime feliz
coma se estivese a nadar
Eu teño o micro na man
e chimpo para alegrarme
Eu toco para estar mellor
sacar toda a enerxía fóra
e facer unha comunidade
que non capitalice a tristura
que será útil cando sexa activa
Estou farto de pensar
que teño que ser pasivo
quero espazo para chorar
mais tamén para pegar berridos
Xogar coa nosa vida máis
Non idolatrar a nada
Os heroes son todos boliñas de millo
salvo o Porquiño Pirata.
e que zoe o vento
ímolo pillar
para collere forzas
seguir a xogar
queda luz fóra
hai que aproveitar
hai que aproveitar
hai que aproveitar
Dilles que nin escoito
nin me chegan
todas esas outras merdas
que dícides que nos frean
Algo arrogantes
algo confuso
eu só quero desfacerme
de NPCs que se pensan
que agardo polo futuro
Eu iso vouno buscar!
Veño de xente que marchou
para volver moito maior
de Venezuela ou do mar
e cuspirlle ás fotos de Fraga.
Así que sobre todo lembrade
veño de xente que non morre
que na terra dos seus corpors
sempre crecerán flores
e que zoe o vento
ímolo pillar
para collere forzas
seguir a xogar
queda luz fóra
hai que aproveitar
hai que aproveitar
hai que aproveitar
Deerhood release new LP “Mountain Moves” two weeks early on Bandcamp, with proceeds during this period going to The Emergent Fund. Bandcamp New & Notable Aug 28, 2017
Max Goldstein makes "acoustic" music that is a unique mix of guitar, experimental electronics, and percussion. Make indie rock weird again. Bandcamp New & Notable Aug 25, 2021
Effervescent pop without a drop of irony, perfectly geared for fans of the more dance-oriented side of indie music and Tears for Fears. Bandcamp New & Notable Nov 2, 2023