1. |
414 Slussen
03:02
|
|||
2. |
Duolingo
02:24
|
|||
3. |
Alalá das Mariñas
02:08
|
|||
Teño unha casiña branca
na Mariña entre Loureiros
Teño paz e teño amor
e estou vivindo no ceo
Aialalala Aialalala
Aialalala Aialalalaa
E adeus á miña casiña
portela do meu quinteiro
auga da miña fontiña
sombra do meu laranxeiro
Aialalala Aialalala
Aialalala Aialalalaa
|
||||
4. |
🌱
00:41
|
|||
5. |
Långjöstrand 13142
02:10
|
|||
Levo un tempo sen saír
apiñado aquí
cás luvas no chan
En canto poida ver
o branco da neve
xa estarei rematando con todo
Pecharei as pestanas que tiña no chrome
que tanto tempo levo sen mirar
ao volver
de camiñar polo lago.
E inda que leve dous abrigos
e o segundo pese
xa teño comigo
árbores brancas verdes
onde vira esquíos
agardando
que volvan saír.
E cando os vexa sei
que non serán os mesmos
que eu non teño idea
que non os coñezo
estes bechos hibernan
Eu penso que non.
Fai unha semana que só vexo branco.
Está todo en silenzo.
Escoito un ruido negro
creo que é un paxaro
dando chimpos no chan.
Dando chimpos no chan.
E que paz.
(Shin Chan: remade con forza)
|
||||
6. |
Concello de Moominvalley
03:05
|
|||
Sinto que camiño
cada vez máis rápido
respiro peor
e todo vese algo menos claro
E xirabame
seguíades comigo
detiñame un momento
sentíame moito máis tranquilo.
Quizáis
sexa que necesito dar
algo máis a toda a xente que non
segue comigo
e que boto en faia
sen facer nada
ata que póñome un capítulo
de Moomin
audio xaponés
subtítulos inglés
e penso ostras
como non avisei
a toda esta xente
de que estaba aquí
e non quedamos todos desta vez
que me pasou
ogallá poder facelo agora e ser
un mellor amigo
para todes vós.
E quizáis sexa que
necesito dar algo máis
a toda a xente que me quere
non
repetir ningun erro.
Para cando pare
estarei todo esgotado
máis preto de todo
sempre con vós
do meu lado
senón
que podo facer
non renunciar
Inda con todo
non renunciarei!
|
||||
7. |
Vindarna sucka
02:31
|
|||
Dilles que falo unha lingua viva
nada que tratar con mágoa fóra
nada que chorar inda por riba
que o meu nome non importa
que ninguén fóra da Galiza sabe
como cona se pronuncia Xague
mais ninguen neses lugares
esquecerá a miña cariña
Porque non son outro rapeiro máis
coma eses de Vigo que en castelán
firman Galiza no nome
e logo andan caladiños
E non me importan aplausos de fóra
todo aquilo que traballo
pasa pola casiña
Como os ventos que zoan lonxe
fóra dende a xanela nos montes
e sabedes que se achegan
a por vós
Wannabes de Sad Boys
saíde a tocar herba
que eu estou buscando algo de vento
cousiñas de estreno
unha nova voz
coa que remexer
coa que remexer
Dilles que non canto triste
que non toco para ligar
que inda que ás veces sufra un pouco
nunca vouno empregar
A min a música faime feliz
coma se estivese a nadar
Eu teño o micro na man
e chimpo para alegrarme
Eu toco para estar mellor
sacar toda a enerxía fóra
e facer unha comunidade
que non capitalice a tristura
que será útil cando sexa activa
Estou farto de pensar
que teño que ser pasivo
quero espazo para chorar
mais tamén para pegar berridos
Xogar coa nosa vida máis
Non idolatrar a nada
Os heroes son todos boliñas de millo
salvo o Porquiño Pirata.
e que zoe o vento
ímolo pillar
para collere forzas
seguir a xogar
queda luz fóra
hai que aproveitar
hai que aproveitar
hai que aproveitar
Dilles que nin escoito
nin me chegan
todas esas outras merdas
que dícides que nos frean
Algo arrogantes
algo confuso
eu só quero desfacerme
de NPCs que se pensan
que agardo polo futuro
Eu iso vouno buscar!
Veño de xente que marchou
para volver moito maior
de Venezuela ou do mar
e cuspirlle ás fotos de Fraga.
Así que sobre todo lembrade
veño de xente que non morre
que na terra dos seus corpors
sempre crecerán flores
e que zoe o vento
ímolo pillar
para collere forzas
seguir a xogar
queda luz fóra
hai que aproveitar
hai que aproveitar
hai que aproveitar
|
||||
8. |
🌿
00:51
|
|||
9. |
NOVOCINEMAGALEGO
01:33
|
|||
10. |
Festa dos maios!
02:39
|
|||
*Alá no medio do mare
Hai unha pombiña branca
Non é pomba nin é nada
Q é o mar q se alevanta*
Sei q voume cansar
Mais vou berrar todo
Q non quede nada
Todes para fóra
Xuntádevos preto
Temos q cantar
Q vaisenos facer moi tarde
E eu Quero bailar
Tela xente preto
Movernos sen máis
Descansar celebrando
que
coñencimonos
xa
E q son capaz
de ver
Que imos a mellor
Grazas ós demáis
E se Nalgún momento
temos q parar
Q sexa o corpo
Q non de pra mais
Q nos quede a ialma
Sen na q pensar
Pra collere forzas
Seguir a berrar
Seguir a berrar
Inda
q sexa no chan
Cos ollos cara o ceo
Veremos q fan
As estreliñas de noite
Cando a luz non se vai
Porque Aquí xa non se pon o sol
Non hai noites escuras
Non hai excusa ningunha
Pra non seguir a cantar
Neste sitio
tan restrano
Q sei q non é real
Eu Pensó seguir a cantar
Merquei dúas plantiñas onte
Estaban de oferta no Hemköp
Porque sei q daralles a luz
E gustame ver algo na casa crecendo
Agora vounas regar
Porque gústame axudar
A ter algo na casa crecendo
Vounas poñer na xanela
Porque gústame que a xente vexa
Que teño algo na casa crecendo
Isto non é coña
Merqueinas de verdade
Vou volver o ano q ven
Pra podelas seguir a querer
E volver a ter algo na casa q coidar
Non sei como se chamaran
Unha é vermella e outra laranxa
Gustame ter algo na casa
Q esté todo o rato vivo
Mudando sendo un signo
De q pode q volva
E q algo sexa distinto
Dentro do ben q o estou pasando
E do querido q me sinto
E do moito q quero
Sigo sen ter nada claro
Espero q todo o q vexo
Non sexa máis doloroso
Segundo se vaia desprazando
Iso é
Supoño
Para o q é q eu canto
Q máis da
Q me canse ó berrar
Q os meus movementos
Cando fago un concerto
Sexan
os dun rapaz a Xogar
Q non me quede nada de gorxa
Cando chegue mañá
Dame igual
|
||||
11. |
Abur / Arlanda-Peinador
03:50
|
|||
Estou moi canso
Xa non durmo
estou comendo
todo o rato
Sigo nervioso
intranquilo
estancada
Estou topando xeitos
de volver a odiar
de tirarme na cama
e non pisar máis o chan
rodeado de restos de pórex
da facultade
Pero eu non quero nada
que me saque de aquí (non)
xa levo moitos meses
e sei como vivir (si)
quero tranquilidade
porque aínda podo oír
a toda esa xente
que quedou detrás de min.
Paseime cociñando
toda a tarde parado
non me podo mover
sempre me pasa o mesmo
acumulando os pratos
non me podo deter
perdido entre os meus dedos
entrando e saíndo do Insta
sen poder concentrarme.
Porque non consigo ver nada
dun metro para alá
Non teño perspectiva
e cústame pensar
Levántome da cama
e teño que limpar
todas as cousas desta casa
antes de marchar.
(-diálogo sampleado da película Shin Chan: Na prócura das bólas perdidas-
Son os perendengues? Son
Como nos localizaron??
Que gran día
Que gran día
Brila o sol na terra
Que gran día
Que gran día
Reloce toda a terra
Brila o sol con toda a forza
Que gran día)
Só teño a PCR por facer
a graxa do forno por limpar
pra deixalo todo e volver
a pasar na casa o verán
Inda que soio poida ver
os poucos que poidan quedar
e moitas veces para mal
Volto a pasar na casa o verán
Volto a pasar na casa o verán
Volto a pasar na casa o verán
Volto a pasar na casa o verán
|
||||
12. |
🍃
00:37
|
|||
Muiñeira de Liñares:
Vouvos dar a despedida
como fan as labradoras
có sombreiriño na man
e moi boas noites señora
|
Streaming and Download help
If you like XAGUE2, you may also like:
Bandcamp Daily your guide to the world of Bandcamp